Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5504

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2012, do tribunal nomeado pola Orde do 28 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría na categoría 050 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo o 8 de xuño de 2007 nos autos número 116/2007, pola que se fai pública a puntuación definitiva da fase de concurso de M.ª Josefa Díaz López.

En sesión que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 28 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría na categoría 050 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo o 8 de xuño de 2007 nos autos número 116/2007,

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública a puntuación definitiva da fase de concurso obtida pola aspirante M.ª Josefa Díaz López, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se atopa exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería de Facenda e nas súas xefaturas territoriais, así como na páxina web www.xunta.es

Segundo. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2012.

Gema Montero Gamarra
Presidenta do tribunal III-050

Anexo

DNI

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

II.1.1.a)

II.1.1.b)

II.1.1.c)

II.1.1.d)

Total
experiencia

II.1.2.A)

II.1.2.B)

Total
formación

Puntos
concurso

33829344R

Díaz

López

María Josefa

0,00

5,06

0,00

0,00

5,06

0,00

0,00

0,00

5,06