Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5502

III. Outras disposicións

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2012 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no último cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño) establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o último cuadrimestre do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Empresa Pública de Obras e
Servizos Hidráulicos durante o último cuadrimestre do ano 2011

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e a Fundación Mapfre para o desenvolvemento da campaña «Tamén en Galicia, cada gota conta».

– 2.ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o organismo autónomo Augas de Galicia, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Marín para a execución e financiamento de infraestruturas hidráulicas no Concello de Marín.

– Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o organismo autónomo Augas de Galicia, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Poio para a execución de actuacións de saneamento en San Martiño e As Testadas no concello de Poio. Pontevedra.

– Convenio de colaboración entre o ente público Portos de Galicia, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Mañón para a execución e mantemento do saneamento e depuración do núcleo do Barqueiro na zona de servizo do porto do Barqueiro (A Coruña).