Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5505

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, pola que se fan públicos determinados acordos en relación co terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 26 de xaneiro de 2012 constituíuse o tribunal designado pola Orde do 21 de outubro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados. Na dita sesión o tribunal adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. De acordo co disposto na base II.1.3 da convocatoria, o terceiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 27 de febreiro de 2012, na aula 9 da Escola Galega de Administración Pública, ás 16.30 horas.

Segundo. Convócase para a realización do terceiro exercicio a seguinte aspirante:

NIF

Apelidos e nome

44836791Q

Pardo Porta, Emilia

A aspirante deberá presentarse provista de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Terceiro. Decláranse exentas da realización do terceiro exercicio as restantes aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de conformidade co disposto na base II da convocatoria.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.

Rafael Álvaro Millán Calenti
Presidente do tribunal