Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO do contrato de servizos consistente na limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Vilagarcía de Arousa.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución (meses): 24.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo (sen IVE): 1.440.677,960 €; IVE 18%: 259.322,033 € ; total: 1.699.999,993 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderanse obter documentos e información ata o 29.3.2012, data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego

Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría d.

8. Presentación de ofertas: ata o día 29 de marzo de 2012 ás 14.00 horas. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 e seguintes do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. Anexo IX do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo IA) do prego, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 4.000 €, así como os demais indicados na cláusula 22 do prego.

Vilagarcía de Arousa, 30 de xaneiro de 2012.

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde