Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5474

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta fundación no último cuadrimestre de 2011.

Segundo o artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño), establécese que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Para dar cumprimento ao anteriormente exposto e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

J. Higinio Antuña Álvarez
Xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial
e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

ANEXO

Convenio

Data
de sinatura

Achega económica da fundación

Convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas dos alumnos das titulacións da escola politécnica superior que se recoñezan como créditos nos curricula dos alumnos.

3.11.2011

Sen achega.

Addenda ao convenio do 5 de xuño de 2010 asinado con Bosques Naturales, S.A. pola que se modifica o calendario de pagamento previsto.

10.11.2011

Sen achega.