Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5471

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública sobre licenza de actividade de clasificación e envasado de froitas, verduras e hortalizas.

Artur Yuste Tarrago, representando a entidade Frunatur, S.A.U., solicitou neste concello licenza municipal de apertura para a actividade de clasificación e envasado de froitas, verduras e hortalizas, na rúa 1, nave 10 do polígono industrial deste concello. De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, se poida examinar o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 31 de xaneiro de 2012.

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde