Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5465

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación para a contratación das obras de posta en valor do Castelo de Santa Cruz na Guarda.

Aprobado por Acordo plenario do 27 de xaneiro de 2012 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudicar o contrato de obras de posta en valor do Castelo de Santa Cruz na Guarda, obxecto de financiamento do 1% cultural do Ministerio de Fomento, que se expoñen ao público durante oito (8) días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

1. Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda; praza do Reló s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00, fax: 986 61 02 83.

2. Obxecto do contrato.

Adxudicar o contrato de obras de posta en valor do Castelo de Santa Cruz na Guarda, obxecto de financiamento do 1% cultural do Ministerio de Fomento.

3. Prazo de execución.

Doce meses.

4. Tipo de licitación.

1.033.931,14 euros (IVE incluído) (respecto do que se admiten baixas). As obras son obxecto de financiamento do 1% cultural do Ministerio de Fomento, por un importe de 775.448,36 euros, correspondente ao 75% do seu valor total. O 1 de decembro de 2011 foi asinado convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e o Concello da Guarda para o financiamento das obras.

5. Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

6. Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do concello, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Guarda de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación no DOG ou no BOP na forma sinalada no prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas for inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

9. Apertura de proposicións.

Ás dez (10.00) horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá á apertura das ofertas presentadas. Para estes efectos, o sábado considerarase inhábil.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

A Guarda, 30 de xaneiro de 2012.

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde