Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública sobre a EDAR industrial de Cerceda, promovida polo concello e situada no lugar de Cobeláns (clave MAS/312 2011).

O Concello de Cerceda está tramitando a licenza municipal de obras e de actividade para o proxecto denominado EDAR industrial de Cerceda, promovida polo propio concello e situada no lugar de Coveláns (Cerceda) (clave MAS/312 2011).

Este proxecto encaixa no disposto no anexo I (punto 1.12 como actividade de captación, depuración e distribución de auga) do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, e sométese á información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola obra e pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o proxecto na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideraren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia e colocarase no taboleiro de edictos do concello.

Cerceda, 16 de xaneiro de 2012.

José García Liñares
Alcalde