Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5463

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun concesionario para a venda de vehículos lixeiros de segunda man con servizo de taller de reparación de vehículos.

Pablo Andrade Vázquez solicitou licenza municipal de apertura dun concesionario para a venda de vehículos lixeiros de segunda man con servizo de taller de reparación de vehículos, sito no lugar da Telva, nave 9, porta A, parroquia de Sigrás, termo municipal de Cambre. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da Área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Cambre, 17 de xaneiro de 2012.

P.D. (R. n.º 1000, do 17 de xuño de 2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da Área de Urbanismo e Medio Ambiente