Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5462

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de información pública do cambio de nivel de protección ambiental do pazo de Brandeso.

Juan Varela Durán solicitou o cambio de nivel de protección do pazo de Brandeso, sito no lugar de Casal de Abaixo, da parroquia de Brandeso, para que a dita edificación pase do nivel de protección ambiental 3 a integral nivel 1.

Visto o informe emitido con data do 15 de novembro de 2011 polo arquitecto superior que presta o servizo de asistencia urbanística a este concello, así como o informe emitido con data do 14 de decembro de 2011 polo xefe de planeamento e inventario da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Considerando o disposto no artigo 4.2.8 da normativa do PXOM, e de acordo co establecido no título I, capítulos II e III da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

Esta alcaldía

RESOLVEU:

Primeiro. Someter o expediente ata agora tramitado ao trámite de información pública polo período dun mes, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, así como tamén no taboleiro de edictos da Casa do Concello, cuxo prazo empezará a rexer a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG; co fin de que as persoas ou entidades interesadas, poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que achen convenientes.

Segundo. Suspender o outorgamento de licenzas municipais de parcelación, edificación e/ou demolición no ámbito afectado polo cambio de nivel de protección pretendido, ata que se resolva de forma definitiva o dito expediente.

Terceiro. De non formularse alegacións, ou unha vez resoltas as que se formulasen, elevarase o expediente ao Pleno do Concello para que se pronuncie sobre a súa aprobación definitiva.

Arzúa, 9 de xaneiro de 2012.

José Luis García López
Alcalde