Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5426

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (847/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimentos/cesamentos en xeral 847/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Luis Bustabad Alonso contra a empresa Dygra Films, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza con data do 13 de xaneiro de 2012, cuxa decisión se achega:

«Decido que estimando integramente as demandas de resolución de contrato e despedimento formuladas por Luis Bustabad Alonso, con DNI 34995620-Q contra a empresa Dygra Films, S.L., declaro extinguida na data desta resolución a relación laboral que vinculaba ás partes, e declaro igualmente a improcedencia do despedimento do 22 de agosto de 2011, condenando a empresa a que aboe ao demandante as seguintes cantidades en concepto de indemnización e salarios de tramitación entre o despedimento e a data desta sentenza:

Indemnización

Salarios de trámite

Bustabad

34.634,63 euros (356,25d * 97,22 euros)

13.999,68 euros (23.8.2011/13.1.2012)

Que, así mesmo, debo condenar e condeno a Dygra Films, S.L. a que aboe ao demandante a suma de 11.666,68 euros, máis o xuro por demora do 10%.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dygra Films, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial