Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

CÉDULA de notificación (400/2010).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 400/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Pazos Fernández contra as empresas Buque Etelvina-capitán Manuel García, Buque María Dolores-capitán Nicanor Fernández, Buque Asunción-capitán Xullo J. Lage, capitán Luciano Fernández, o Porto da Coruña, Buque Alba-capitán Francisco Fernández, Buque Alba-capitán Francisco Fernández, o Instituto Nacional da Seguridade Social-INSS, Instituto Social da Mariña, sobre Seguridade Social, ditouse a seguinte decisión:

«Que, rexeitando a demanda formulada por José Pazos Fernández, con DNI 32348436V, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Buque Etelvina, o Buque María Dolores, o Buque Asunción e o Buque Alba, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir unha pensión de xubilación do réxime xeral en contía inicial do 98% de 999,45 €/mes, declarando as empresas navieiras ou propietarios dos buques codemandados responsables do pagamento da diferenza entre a dita pensión e a recoñecida polo INSS (90%/999,45 €/mes), que deberán ingresar na Tesouraría Xeral da Seguridade Social o capital-custo da parte da pensión ao seu cargo, sen prexuízo de que o Instituto Nacional da Seguridade Social lle anticipe o seu aboamento ao demandante.

E debo absolver e absolvo o Instituto Social da Mariña e a Autoridade Portuaria das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e ss. da LPL, pasados os cales, a sentenza quedará firme en dereito e procederase ao seu arquivo.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Buque Etelvina-capitán Manuel García, Buque María Dolores-capitán Nicanor Fernández, Buque Asunción-capitán Xullo J. Lage, capitán Luciano Fernández, Buque Alba-capitán Francisco Fernández, Buque Alba-capitán Francisco Fernández, en paradoiro ignorado, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2012.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de localización.

O secretario xudicial