Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2012 polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R002/15/2011 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola delegada provincial da Coruña do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (edificio administrativo Monelos, 2.º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servicio de Consumo do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R002/15/2011.

Interesada: Mama Shop (Nueve Meses y Seis Años, S.L.).

CIF: B70137500.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: 15R002/93/2011.

Interesada: Inrola

CIF: B15017437.

Acto notificado: resolución de expediente.