Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo o requirimento de pagamento en relación co procedemento de desafiuzamento administrativo P-097/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2012.

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-097/11.

Nome: Amalia Lavandeira Estévez.

Enderezo: rúa Doutor Fernández de la Vega, núm. 18, 1.º C, Ponteareas, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 10.445,60 €.