Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2012, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R002/4/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (edificio administrativo Monelos, 2.º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2012.

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/4/2012.

Interesada: Grupo Serviprés Elma, S.L.

CIF: B64662398.

Acto notificado: inicio de expediente.