Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5269

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 12 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura, financiadas co Fondo Europeo da Pesca nun 61%, e se convoca para o exercicio 2012 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto.

Advertidos erros na Orde do 12 de decembro de 2011, publicada no DOG n.º 249, do 30 de decembro de 2011, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 40948, onde di:

«b) En proxectos do tipo de adhesión ao sistema EMAS, serán subvencionables os seguintes gastos:

1. Custos de asesoría para a implantación inicial do sistema.

2. Avaliación ambiental realizada por consultor independente.

3. Verificación por consultor.

4. Gastos de rexistro.

5. Investimentos materiais necesarios para a aplicación dun EMAS».

Debe dicir:

«b) En proxectos do tipo de adhesión ao sistema EMAS, serán subvencionables os seguintes gastos:

1. Custos de asesoría para a implantación inicial do sistema.

2. Avaliación ambiental realizada por consultor independente.

3. Verificación por consultor.

4. Gastos de rexistro».

Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación de solicitudes.