Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5270

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de supervisor/ra da Área de Recursos Humanos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e pola Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de supervisor/ra da Área de Recursos Humanos.

As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital A Coruña e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberanse presentar no Rexistro Xeral do Hospital A Coruña, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada da Coruña, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas deberán presentar, xunto coa solicitude, un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2012.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña