Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4869

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDITO (865/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 865/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Caterina Pombo Silva contra a empresa Beiro Vilas Manuel, Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Caterina Pombo Silva contra a empresa Beiro Vilas Manuel e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado e condeno a empresa indicada a que readmita inmediatamente a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 198,27 euros.

Esta opción deberá exercerse no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario opte, entenderase que procede á readmisión.

Calquera que sexa o sentido da opción, condeno a demandada a que satisfaga á demandante os salarios de trámite que se devenguen desde a data do despedimento ata o 14 de xullo de 2011 a razón de 13,18 euros día e os que, se é o caso, se devenguen desde a dita data ata a notificación da sentenza, logo do desconto do importe mensual do salario mínimo interprofesional.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, que poderá substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria del avalista, máis outra cantidade de 150 euros en calidade de depósito.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada-xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Beiro Vilas Manuel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial