A Secretaría Xeral da Emigración, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a continuación se cita:
1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Secretaría Xeral da Emigración.
1.2. Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación, Contratación e Xestión Orzamentaria.
1.3. Número de expediente: 1/2012.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: servizo de desprazamento dos participantes do programa de actividades de campamentos e campos de traballo.
2.2. División por lotes e número: non leva.
2.3. Lugar de execución: os sinalados no número terceiro do prego de prescricións técnicas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: a oferta máis vantaxosa segundo criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación: 199.500 €, máis 14.000 € de IVE.
5. Garantía provisional: 5.500 €.
6. Obtención da documentación e información.
6.1. Entidade: Secretaría Xeral da Emigración.
6.2. Enderezo: rúa Basquiños, 2.
6.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
6.4. Teléfono: 981 54 72 81.
6.5. Telefax: 981 54 72 96.
6.6. Poderán obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: www.contratosdegalicia.es
6.7. Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
7.1. Clasificación: grupo U, subgrupo 4, categoría B.
8. Presentación de ofertas.
8.1. Data límite de presentación das ofertas: as proposicións presentaranse entre as 9.00 e as 14.00 horas, en días hábiles, no prazo máximo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións finalizará o primeiro día hábil seguinte.
8.2. Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula sexta do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: Rexistro Xeral da Secretaría Xeral da Emigración.
b) Enderezo: rúa Basquiños, 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
9. Apertura das ofertas.
9.1. Entidade: Secretaría Xeral da Emigración.
9.2. Enderezo: rúa Basquiños, 2.
9.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
9.4. Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura destas terá lugar no día hábil seguinte (sobre B).
9.5. Hora: ás 12.00 horas.
10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.
José Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración