Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4789

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2012 mediante a que se anuncia procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con múltiples criterios de adxudicación, para a contratación do servizo de centro de día para persoas maiores dependentes.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Infraestruturas.

2. Domicilio: praza do Trigo, n.º 2-3.º.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Teléfono: 988 26 93 33.

5. Fax: 988 22 14 94.

6. Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2180.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con múltiples criterios de adxudicación, do servizo de centro de día para persoas maiores dependentes do Concello de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: 2 anos.

e) Admisión de prórroga: si, por cadanseu período anual dun ano cada un, ata un máximo de catro anos.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 85320000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 60 puntos.

– Programa de prestación do servizo e persoal: 14 puntos.

– Edificios e instalacións: 10 puntos.

– Melloras gratuítas: 10 puntos.

– Vehículos e demais medios materiais: 6 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 690.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 172.500 euros. IVE: 13.800 euros. Importe total: 186.300 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5% do prezo total do contrato, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se establece no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica: a que se establece no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior núm. 1.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 24 de xaneiro de 2012.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde