Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2012 mediante a que se anuncia o procedemento aberto, suxeito a múltiples criterios de adxudicación, para a contratación da subministración de material de oficina, papelaría e consumibles informáticos para este concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Infraestruturas.

2. Domicilio: praza do Trigo, n.º 2-3.º.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Teléfono: 988 26 93 33.

5. Fax: 988 22 14 94.

6. Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2188.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, suxeito a múltiples criterios de adxudicación, da subministración de material de oficina, papelaría e consumibles informáticos para o Concello de Ourense.

c) División por lotes e número de lotes: 4 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

e) Prazo de execución: 1 ano.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): lote 1, material de oficina: 30192000-1. Lote 2, papel: 30199000-0. Lote 3, imprenta: 22420000-0. Lote 4, consumibles informáticos: 30237300-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Lotes 1 e 4:

Prezo: 85 puntos.

Prazo de entrega: 10 puntos.

Melloras: 5 puntos.

Lotes 2 e 3:

Prezo: 80 puntos.

Calidades: 15 puntos.

Prazo de entrega: 5 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 127.554,23 euros. IVE: 22.959,77 euros. Importe total: 150.514 euros.

Desagregado do seguinte xeito:

– Lote 1, material de oficina: 44.142,37 euros máis 7.945,63 euros de IVE.

– Lote 2, papel: 22.194,06 euros máis 3.994,94 euros de IVE.

– Lote 3, imprenta: 9.271,19 euros máis 1.668,81 euros de IVE.

– Lote 4, consumibles informáticos: 51.946,61 euros máis 9.350,39 euros de IVE.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: artigo 75 do TRLCSP.

b) Solvencia técnica: artigo 77 do TRLCSP.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Correo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) A data e a hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 24 de xaneiro de 2012.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde