Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4788

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do Plan de sectorización do solo urbanizable do Vieiro.

Por medio deste anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno do Concello da Cañiza (Pontevedra), en sesión que tivo lugar o 30 de decembro de 2011, aprobou definitivamente o documento do Plan de sectorización do solo urbanizable do Vieiro-A Cañiza.

Con data do 13 de xaneiro de 2012, remitiuse á Secretaría Xeral de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia copia do expediente administrativo da súa razón e dous exemplares do documento aprobado definitivamente debidamente dilixenciados.

O Plan de sectorización do solo urbanizable do Vieiro-A Cañiza non entrará en vigor ata a publicación íntegra do texto normativo –Ordenanzas– no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, segundo dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e transcorrido o prazo de quince (15) días sinalado no artigo 65.2 da citada lei.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todo isto sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que se consideren oportunos.

A Cañiza, 13 de xaneiro de 2012.

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde