Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4800

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/20/11).

Puertas Noroeste Sistemas, S.L., solicitou da alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a taller auxiliar da construción (almacenamento e montaxe de carpintaría metálica), que se situará no polígono industrial A Granxa, parcela 173, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contar desde o día seguinte ao da súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/20/11 na sección de Urbanismo deste concello, as persoas que de algún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 20 de decembro de 2011.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde