Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4801

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía

ANUNCIO de revisión de tarifa.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e da súa Ría, con data do 22 de decembro de 2011, adoptou o seguinte acordo:

Revisar a tarifa T-6 incrementando o seu importe e modificando a súa denominación, quedando a nova tarifa como se relaciona:

Tarifa T-9-150 (utilización de guindastre portacontedor)

Tipo de guindastre

€/hora

Portacontedores, carga nominal >30 t

400€/h*

● Tarifa integral, incluíndo servizo por mantemento e subministracións.

● A tarifa poderá fraccionarse como máximo en períodos de media hora.

● Os custos derivados da paralización do servizo de manipulación de mercadorías por motivo de avarías non serán responsabilidade da Autoridade Portuaria.

● A solicitude do guindastre farase con 48 horas de antelación.

● Na utilización do guindastre respectaranse todas as medidas de seguridade, axustándose, como mínimo, á normativa vixente en cada momento.

Vilagarcía de Arousa, 10 de xaneiro de 2012.

Sagrario Franco Malvar M.ª Celeste Muñiz Otero

Presidenta da Autoridade Porturaria Secretaria da Autoridade Portuaria

de Vilagarcía de Arousa e da súa Ría de Vilagarcía de Arousa e da súa Ría