Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/21/11).

Stonesforever, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a almacén para exposición e venda de derivados de pedra natural, que se vai situar no polígono industrial de Budiño, SUR-PPI-7, parcela B, naves 7 e 8, desta localidade, en cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/21/11, na sección de urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 27 de decembro de 2011.

José Nelsón Santos Argibay
Alcalde