En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificado da acta da asemblea xeral ordinaria da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), que tivo lugar o 29 de xuño de 2011, na que se recolle a modificación dos estatutos da dita confederación.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais