Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de desistencias, denegacións e resolucións de concesión de varias axudas para a promoción do emprego (TR348A 2011/84-5 e cinco máis).

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situadas na rúa Concepción Arenal, 8-2.º andar, 36201 Vigo (Pontevedra), e obter unha copia desta resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 11 de xaneiro de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

N.º de expediente: TR348A 2011/84-5.

DNI/NIF/CIF: 36137465-A.

Nome ou razón social: Pais Gándara, Rubén.

Último enderezo coñecido: Jesús Fernández, 13 (Calvario), 36205 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 9.11.2011.

N.º de expediente: TR348A 2011/388-5.

DNI/NIF/CIF: 44084724-A.

Nome ou razón social: Fernández Sobral, Pedro.

Último enderezo coñecido: Virgen del Camino, 24 BX, 36001 Pontevedra.

Tipo de axuda: contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 11.11.2011.

N.º de expediente: TR348A 2011/572-5.

DNI/NIF/CIF: 44075472-C.

Nome ou razón social: Gómez Barros, Marina.

Último enderezo coñecido: A Estrada, 13 BX, 36900 Marín (Pontevedra).

Tipo de axuda: contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 8.11.2011.

N.º de expediente: TR34B 2011/111-5.

DNI/NIF/CIF: B36300283.

Nome ou razón social: Tecsumaga, S.L.

Último enderezo coñecido: Quintana, Reboreda, 11, 36800 Redondela (Pontevedra).

Tipo de axuda: transformación de contratos temporais en indefinidos.

Contido da resolución: desestimar a axuda solicitada.

Data da resolución: 25.11.2011.

N.º de expediente: TR34B 2011/131-5.

DNI/NIF/CIF: E94014388.

Nome ou razón social: Blanco y López, C.B.

Último enderezo coñecido: Progreso, 82-2.º A, 36970 Portonovo-Sanxenxo (Pontevedra).

Tipo de axuda: transformación de contratos temporais en indefinidos.

Contido da resolución: concesión da axuda solicitada.

Data da resolución: 9.8.2011.

N.º de expediente: TR34B 2011/344-5.

DNI/NIF/CIF: 36171532-F.

Nome ou razón social: Pérez Brito, María.

Último enderezo coñecido: Calvo Sotelo, 26 BX, 36700 Tui (Pontevedra).

Tipo de axuda: transformación de contratos temporais en indefinidos.

Contido da resolución: concesión da axuda solicitada.

Data da resolución: 26.8.2011.