Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador número 36/64/11-ST, incoado por infraccións do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Con data do 2 de decembro de 2011, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador número 36/64/11-ST incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Montserrat García Grovas, con DNI 36060143-F, como titular do establecemento Cafetería El Trastero de Montse.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Montserrat García Grovas, titular do establecemento Cafetería El Trastero de Montse, o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, 43-1.º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 5 de xaneiro de 2012.

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 36/64/11-ST.

Denunciada: Montserrat García Grovas, con DNI 36060143-F, titular do establecemento Cafetería El Trastero de Montse.

Último enderezo coñecido: As Teixugueiras, núm. 13, portal 3-11-L, 36212-Vigo (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos: disposición adicional terceira, na que se establece que nos centros ou dependencias nos que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco, en relación co disposto no artigo 7.u), o cal establece que: «Prohíbese fumar, ..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción tipificada como leve no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).