Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4725

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola que se fan públicos diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar os días 16, 24 e 25 de xaneiro de 2012 o tribunal nomeado pola Orde do 21 de xullo de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Promoción interna.

I. Anular as preguntas 8, 58 e 88 do primeiro exercicio do proceso selectivo, pasando a ser substituídas polas preguntas de reserva 121, 122 e 123.

II. Modificar no modelo de respostas publicado as contestacións ás preguntas número 18, 44 e 81 do primeiro exercicio, de maneira que as respostas correctas pasan a ser as letras D), D) e B) respectivamente.

III. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

IV. De acordo co establecido na base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en 62 número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base.

Segundo. Acceso libre.

I. Anular as preguntas 61 e 89 do primeiro exercicio do proceso selectivo, pasando a ser substituídas polas preguntas de reserva 121 e 122.

II. Modificar no modelo de respostas publicado as contestacións ás preguntas número 30 e 50 do primeiro exercicio, de maneira que as respostas correctas pasan a ser as letras D) e D), respectivamente.

III. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

IV. De acordo co establecido na base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en 62 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base.

V. Para a quenda específica da base I.1.3, acceso reservado a persoas con discapacidade, e de acordo co establecido nas bases II.1.1.1 e II.1.2.7 da orde de convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en 50 o número de respostas correctas e unha vez feitas as deducións previstas na citada base.

Terceiro. Que de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/polas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2012.

M.ª José García Sexto
Presidenta do tribunal