Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4724

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2012 pola que se establece a data, a hora e o lugar para a realización do sorteo público a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, con anterioridade á convocatoria dos procesos de selección que deriven da oferta de emprego público y con validez para todas eles, a consellería competente en materia de función pública determinará, mediante un único sorteo público realizado logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia, a orde de actuación dos aspirantes en todas as probas selectivas de ingreso que se realicen durante o ano. O resultado deste sorteo deberá recollerse en cada convocatoria.

De conformidade co dito artigo, co obxecto de determinar a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2011, esta consellería

resolve:

Realizar o sorteo referido no parágrafo primeiro en acto público o día 7 de febreiro de 2012 ás 10.30 horas no salón de actos número 2 pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

Elena Muñoz Fronteriz
Conselleira de Facenda