Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4727

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 20 de decembro de 2011 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 29.2 da Lei 4/1988, do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado por Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, DOG 114, do 13 de xuño, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

dispón:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/rias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/da para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde, un funcionario/ria con destino noutra Administración, requirirase o informe favorable do departamento onde presten servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/das poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I

Denominación do posto de traballo: xefe/fa territorial.

Código do posto de traballo: MA.C99.10.000.15001.001.

Centro directivo: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Corpo/escala: xeral/especial.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.812,64 euros.

Titulación: --

Tipo de adscrición: A12 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file