Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4686

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do convenio urbanístico entre o Concello de Santiago de Compostela e Layetana para a execución do planeamento na Finca do Espiño.

Ao abeiro do previsto no artigo 235 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), o día 29 de decembro de 2011 procedeuse á sinatura do Convenio urbanístico entre o Concello de Santiago de Compostela e Layetana para a execución do planeamento na Finca do Espiño.

En aplicación do procedemento regulado polo artigo 237 da LOUG, sométese o citado convenio ao trámite de información pública, polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consultar o expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas.

A eficacia do convenio queda condicionada en todo caso á ulterior ratificación do seu texto definitivo, polo Pleno municipal, unha vez que se cumpra o trámite de información pública.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.

Gerardo Conde Roa
Alcalde