Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4687

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de creación da marca de turismo rural Ruta de los Ríos.

No perfil do contratante da Deputación Provincial de Ourense na páxina web
www.depourense.es, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de creación da marca de turismo rural Ruta de los Ríos, no marco do convenio asinado entre o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e a Deputación de Ourense para a realización dun programa de desenvolvemento rural sustentable na provincia, cun tipo de licitación de 300.000 € (IVE e demais impostos incluídos), integrado pola suma dos importes do valor estimado do servizo (254.237,29 €) e o IVE aplicable (45.762,71 €). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 9 de marzo de 2012, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a quen o solicite, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso n.º 32 ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 18 de xaneiro de 2012.

José Luis Baltar Pumar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense