Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4685

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Páramo

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para construción de silos, fosa de xurro e ampliación de naves para mellora de explotación de gando vacún.

Begoña González López solicitou desta alcaldía licenza municipal para construción de silos, fosa de xurro e ampliación de naves para mellora de explotación de gando vacún, que se situará en Sa-Rodriz.

Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Páramo, 2 de xaneiro de 2012.

Gumersindo A. Rodríguez Liz
Alcalde