Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2012 de comunicación en relación co requirimento previo interposto no expediente IU2/121/2010, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

Con data do 15 de decembro de 2011, a xefa do Servizo de Ditames e Informes da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en contestación á petición do interesado Óscar Miniño Otero de data do 5 de decembro de 2011 remítelle copia do requirimento previo presentado contra a resolución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística con data do 21 de setembro de 2011. Así mesmo, comunícalle que na súa condición de interesado, de conformidade co artigo 35.a) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística