Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012 pola que se aproba a modificación do documento da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Baiona (Pontevedra).

A Área de Explotación e Planificación Portuaria do ente público Portos de Galicia redactou e tramitou a modificación da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Baiona, na provincia de Pontevedra, de acordo coa súa nova formulación prevista no artigo 96 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral do Estado, modificada pola Lei 33/2010, do 5 de agosto, aplicables ao dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Na reunión do Consello de Administración de Portos de Galicia, que tivo lugar o día 15 de decembro de 2011, este acordou dar a súa conformidade á modificación da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Baiona, segundo o disposto no artigo 13.e) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público, modificado polo Decreto 83/2002, do 28 de febreiro, e o referido artigo 96 da Lei 48/2003, así como elevalo e propoñelo para a súa aprobación.

Unha vez vistos o expediente e o informe proposta da xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia do 12.12.2011, que conta coa conformidade da Dirección do ente público, así como o acordo do Consello de Administración de Portos de Galicia dando a conformidade á modificación da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Baiona e elevándoo e propoñéndoo para a súa aprobación.

O presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar, conferida por Orde do 10 de xaneiro de 2012,

resolvo:

Aprobar a modificación do documento da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Baiona (Pontevedra), redactada en setembro de 2011 pola xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria, Ana Isabel Calzadilla Bouzón.

O que se fai público en cumprimento do artigo 69.6 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia