Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2012 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/13/2011-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia a Jesús Bello Río, ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística número IU3/13/2011-R1, en relación coa apertura de camiño levada a cabo no lugar de Malló de Xiá, no termo municipal de Guitiriz, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística