No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 656/2011 (procedemento abreviado), interposto por Raquel Fernández Fraguela contra a Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 5 de abril de 2011, pola que se desestima o recurso de reposición interposto pola recorrente con data do 1 de marzo de 2011, contra a Resolución do 4 de febreiro de 2011, da mesma Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de enfermaría (ATS/DUE) do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos/as definitivamente seleccionados/adas, e pola que se acorda desestimar a pretensión formulada pola recorrente e corrixir a puntuación acadada por Juan Manuel González Freire.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.
Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos