Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4614

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 10 de xaneiro de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo pertencente á estrutura directiva da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Convocada, pola Orde do 15 de novembro de 2011 (DOG núm. 231, do 2 de decembro), a provisión dun posto de persoal directivo na Xerencia de Atención Primaria de Lugo, esta consellería, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, en exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto directivo pertencente á estrutura organizativa da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, anunciada pola Orde do 15 de novembro de 2011 (DOG núm. 231, do 2 de decembro).

Segundo. Nomear na praza que se indica a persoa citada no anexo I desta orde, para os efectos do previsto no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo) de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Posto: subdirector/a de Xestión.

Nome e apelidos: Concepción Sieiro González.

Centro: Xerencia de Atención Primaria.

Localidade: Lugo.