Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4616

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Alejandro Diéguez Blanco.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1, tramítase o recurso 129/2011 (procedemento ordinario), interposto por Alejandro Diéguez Blanco contra a Resolución do 10 de novembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos/as definitivamente seleccionados/adas (DOG n.º 225, do 23 de novembro de 2010).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos