Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4599

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2012 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 10 de novembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (código de procedemento IN515B presentación electrónica).

O conselleiro de Economía e Industria, con data do 27 de decembro de 2011, ditou resolución das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 10 de novembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

O artigo 22 das bases reguladoras da orde dispón:

«No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da relación de beneficiarios de subvención. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Estas subvencións están cofinanciadas nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o 30% restante polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). As actuacións previstas están comprendidas no Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro do eixe 2, tema prioritario 08, actuación 05. Financiaranse co crédito correspondente á aplicación orzamentaria 08.03.741A.771.1, Axudas á promoción e internacionalización do sector téxtil-moda-confección, por un importe de 900.000 euros.

Contra a resolución de concesión, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso:

a) Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.

Os solicitantes que non aparecen no devandito anexo deberán entender que non se lles concedeu a subvención. As correspondentes resolucións serán notificadas individualmente, con indicación das súas causas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

P.D. (Orde 30.4.2009; DOG n.º 87)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO
Subvencións concedidas

Código expediente

Beneficiario

DNI/CIF

Proxecto

Importe subvención

IN515B-2011-285

Adolfo Domínguez, S.A.

A32104226

Plan integral e acceso ao mercado de América do Norte

27.776,52 €

IN515B-2011-238

Bimba & Lola, S.L.U.

B36950970

Subvencións empresas galegas sector téxtil por actuacións de promoción e internacionalización

25.273,93 €

IN515B-2011-214

Buma Galicia, S.L.

B15910599

Asistencia ás dúas edicións da feira internacional FIMI infantil Valencia 2011

8.401,40 €

IN515B-2011-323

Casa de Modas Saturna, S.L.

B15874225

Proxecto de internacionalización

15.000,00 €

IN515B-2011-247

Confecciones MRF, S.A.

A15044852

Actuacións de promoción internacionalización marca D-Due

30.976,31 €

IN515B-2011-302

Confecciones Confegal, S.L.

B70215132

Fomento competitividade moda

27.000,00 €

IN515B-2011-110

Confecciones Esquío, S.A.

A15093263

Actuacións de promoción e internacionalización: Alba Conde

32.357,13 €

IN515B-2011-289

Confecciones Gundemaro, S.L.

B36885838

Actuacións de difusión e actuacións de promoción

3.088,11 €

IN515B-2011-349

Confecciones Hortensia, S.L.

B15068026

Proxecto de difusión e promoción Confecciones Hortensia

4.727,50 €

IN515B-2011-108

Creaciones Foque, S.L.U.

B36621548

Actuacións e estratexias de promoción e internacionalización

36.740,54 €

IN515B-2011-223

Dimotex, S.A.

A32011827

Material promocional

33.808,86 €

IN515B-2011-357

Eido Moda, S.L.U.

B27742493

Asistencia a feira internacional

3.047,19 €

IN515B-2011-211

Ene Bianca, S.L.

B70118435

Elaboración de material promocional

9.700,60 €

IN515B-2011-306

Enmanüel Couture, S.L.

B36966307

Actuacións de difusión e promoción

2.506,50 €

IN515B-2011-344

Etiem Textil, S.L.

B15937121

Plan internacional en Rusia e México

30.055,90 €

IN515B-2011-301

Florentino Colección, S.L.

B36057933

Promoción e internacionalización Florentino 2011

41.600,00 €

IN515B-2011-251

Futura Línea Moda, S.L.

B36664241

Actuación de promoción e difusión

19.960,65 €

IN515B-2011-244

Galuppo Sport Clothes, S.L.

B15787823

Stand na feira profesional Motorsport World Expo 2011

1.957,50 €

IN515B-2011-143

Javier Celso Paz Carballeira

33861759D

Participación en feiras, desfiles, certames

6.172,36 €

IN515B-2011-158

Llobart Textil, S.L.

B32030488

Exposición en feira-Salón Internacional Moda Madrid

4.697,50 €

IN515B-2011-358

Makari, S.A.

A36639813

Catálogos mercado italiano

11.670,50 €

IN515B-2011-252

María Teresa Rodríguez Rodríguez

36009543F

Asistencia a feiras internacionais

4.704,68 €

IN515B-2011-335

Medias Filigrana, S.L.

B27021922

Plan de promoción internacional

37.260,22 €

IN515B-2011-225

Mino Mora, S.L.

B36105708

Asistencia a feiras internacionais e confección de catálogos e displays

1.028,25 €

IN515B-2011-114

Mouriño, S.A.

A15231350

Difusión e divulgación e promoción

6.904,65 €

IN515B-2011-266

Naffta Sport, S.L.

B36870293

Actuacións Naffta no exterior

36.258,96 €

IN515B-2011-336

Naxxai Wear, S.L.

B36910602

Actuacións Naxxai no exterior

1.220,00 €

IN515B-2011-359

Nubeluna, S.L.

B27752302

Material promocional e asistencia a feiras

13.678,56 €

IN515B-2011-327

Numa Textil, S.L.

B15396088

Catálogo para promoción internacional

4.867,00 €

IN515B-2011-184

Nvo, S.L.U.

B36795805

Promoción exterior

3.450,00 €

IN515B-2011-326

Otzi Moda, S.L.

B36455657

Catálogo moda para promoción

3.717,40 €

IN515B-2011-249

Patricia Avendaño, S.A.

A36869683

Campaña promocional e internacionalización 2011

44.698,14 €

IN515B-2011-124

Pili Carrera, S.A.

A36016574

Proxecto de promoción e internacionalización Pili Carrera

14.874,30 €

IN515B-2011-343

Piu Punto, S.L.

B27425958

Proxecto de internacionalización da empresa téxtil Piu punto

6.000,00 €

IN515B-2011-209

Ramón Sanjurjo Design, S.L.

B15882061

Promoción e internacionalización sector téxtil-moda-confección/procedemento IN515B

8.994,60 €

IN515B-2011-217

Roberto Verino Difusión, S.A.

A32005746

Proxecto promoción marca Roberto Verino

33.235,23 €

IN515B-2011-116

Rotelpa, S.A.

A36641959

Promoción 2011

37.898,84 €

IN515B-2011-245

Sara Martínez Pérez/Sara Coleman

32699708X

Actuacións de promoción e acceso a mercados

395,50 €

IN515B-2011-220

Sprint 012, S.L.

B15551161

Campaña promoción 2011

5.274,17 €

IN515B-2011-208

Studio Masscob, S.L.

B15877830

Subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para estratexias de promoción e internacionalización

24.772,09 €

IN515B-2011-328

Textiles Dosán, S.L.

B36348803

Investimento en feiras internacionais

10.628,08 €

IN515B-2011-400

Textiles Rosalía De Castro

B36262467

Participación en SIMM

2.716,25 €

IN515B-2011-300

Textilmendo, S.L.

B15676034

Actuacións de promoción e internacionalización

18.655,09 €

IN515B-2011-171

Vicaro Confección, S.L.

B70070941

Actuacións de promoción e internacionalización Vicaro

24.862,61 €

IN515B-2011-360

Viriato, S.A.

A15024482

Estratexias de promoción e internacionalización de Viriato, S.A.

17.333,99 €

IN515B-2011-173

VRT Horse Riding, S.L.

B27761568

Asistencia a eventos expositivos internacionais

4.633,00 €