Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4598

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2011.

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e o Instituto de Censores Xurados de Contas de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

30.9.2011

Convenio de colaboración institucional entre a Consellería de Facenda, e a Fundación para a Formación e Investigación en Auditoría do Sector Público (FIASEP)

12.400 €

30.12.2011