Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4602

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 27 de decembro de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 4, do 5 de xaneiro de 2012, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na liña 2.ª do punto 4.1 do artigo 4, onde di: «no punto 12.3», debe dicir: «no punto 10.3».

Na liña 5.ª do punto 10.2 do artigo 10, onde di: «no artigo 7», debe dicir: «no artigo 5».

No punto 10.3 do artigo 10, na liña 4.ª, onde di: «o punto 10.2», debe dicir: «o punto 8.2».

No punto 10.3 do artigo 10, no punto 2 da documentación xustificativa en xeral, onde di: «artigo 5», debe dicir: «artigo 4».

No punto 10.5 do artigo 10, no primeiro parágrafo, onde di: «punto 12.3», debe dicir: «punto 10.3».

No punto 10.5 do artigo 10, no segundo parágrafo, onde di: «punto 12.2»…….«punto 12.4», debe dicir: «punto 10.2»…….«punto 10.4».

No parágrafo 2.º do punto 2 do artigo 11, onde di: «30.000 euros.», debe dicir: «50.000 euros».

Na liña 1.ª do punto 20.3 do artigo 11, onde di: «antes de levar a cabo a valoración das solicitudes de axuda», debe dicir: «antes de levar a cabo a aprobación das axudas».

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.