Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4603

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2012 pola que se dá publicidade á publicación das entidades colaboradoras dos plans Renove Electrodomésticos, de Fiestras, de Equipos de Iluminación Interior e Equipamentos de Climatización.

Co obxecto de executar o Plan de Traballo 2011, que desenvolveu, no referido ano, o Convenio marco de colaboración entre o IDAE e o Inega para a definición e posta en práctica das actuacións consideradas no Plan de Acción da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, procedeuse á convocatoria dos plans Renove de Electrodomésticos, de Fiestras, de Equipos de Iluminación Interior e de Equipamentos de Climatización. Dentro da convocatoria destes plans figuraba a selección das entidades colaboradoras para o desenvolvemento de cada un deles.

Terminada a selección, de conformidade co establecido nos artigos 8.a.6 e 8.b.6 da Resolución do 12 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativas ao Plan Renove de Electrodomésticos, regúlase a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se convocan as mencionadas axudas, no artigo 8.8 da Resolución do 1 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de Fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan as mencionadas axudas como anticipadas de gasto, do artigo 8.8 da Resolución do 15 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan as devanditas axudas como anticipadas de gasto e do artigo 8.8 da Resolución do 13 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de Equipamentos de Climatización, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan as mencionadas axudas como anticipadas de gasto,

RESOLVO:

Primeiro. Dar conta da publicación das entidades colaboradoras adheridas aos referidos plans Renove, que se poderá consultar na páxina web do Inega, http://www.inega.es

Segundo. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia para os efectos previstos no artigo 59.6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia