Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de xaneiro 2012 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais seguido contra José Lamazares Fuentes. (Clave DH.D36.18025).

O 22 de decembro de 2011 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra José Lamazares Fuentes (concello de Rodeiro).

Intentada a notificación do devandito acto por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado, e fáiselle saber que unha copia del está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para que compareza nestas oficinas para notificarlle o devandito acordo e presentar as alegacións que conveñan ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia