Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2012, da Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 449/2011 no expediente de reposición da legalidade número IU3/129/2009, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, en relación co procedemento ordinario número 449/2011, interposto por Benilde Sánchez García e Guillermo Ángel Vilariño Sánchez, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade no expediente de reposición da legalidade, polo que se impón unha multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 18.6.2010, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázase a Guillermo Vilariño Casal para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística