Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2012 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 de varias obras públicas hidráulicas.

O presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, ao abeiro das facultades que lle confire o artigo 9 do Decreto 125/1996, do 7 de marzo, polo que se aproban os estatutos do dito ente e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade das actuacións hidráulicas xa contratadas e cofinanciadas pola Unión Europea que se relacionan a continuación:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?OR=24

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

2) Obxecto do contrato: obras.

a) Descrición: dotación de depósitos e colectores xerais de abastecemento para a parroquia de Cervás. Ares (A Coruña).

Número de expediente: OH.215.915.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8, 45232152-2 e 45232153-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 39, do 25 de febreiro de 2011.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 556.616,55 euros. Importe total: 656.807,53 euros.

Importe de adxudicación. Importe neto: 479.245,99 euros. Importe total: 565.510,27 euros.

Data de formalización do contrato: 22 de xuño de 2011.

b) Descrición: complementario do proxecto de mellora de abastecementos na comunidade autónoma. Novo abastecemento de auga a Sarria. Sarria (Lugo).

Número de expediente: OH.227.499.C1.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento. Importe neto: 378.033,87 euros. Importe total: 446.079,97 euros.

Data de formalización do contrato: 16 de decembro de 2010.

c) Descrición: estación depuradora de augas residuais da Lama. A Lama (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.659.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232440-8 e 45232420-2.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 173, do 8 de setembro de 2010.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 936.279,52 euros. Importe total: 1.104.809,83 euros.

Importe de adxudicación. Importe neto: 850.600,00 euros. Importe total: 1.003.708,00 euros.

Data de formalización do contrato: 1 de decembro de 2010.

d) Descrición: infraestruturas hidráulicas e melloras dotacionais. Vilamarín (Ourense).

Número de expediente: OH.332.771.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9 e 45232421-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 34, do 18 de febreiro de 2011.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 679.615,74 euros. Importe total: 801.946,57 euros.

Importe de adxudicación. Importe neto: 604.000,00 euros. Importe total: 712.720,00 euros.

Data de formalización do contrato: 15 de xuño de 2011.

e) Descrición: mellora na rede de sumidoiros na parroquia de Verducido. Pontevedra (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.969.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 34, do 18 de febreiro de 2011.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 429.417,12 euros. Importe total: 506.712,20 euros.

Importe de adxudicación. Importe neto: 373.592,89 euros. Importe total: 440.839,61 euros.

Data de formalización do contrato: 13 de xuño de 2011.

f) Descrición: rede de sumidoiros na parroquia de Xeve. Pontevedra (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.962.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 39, do 25 de febreiro de 2011.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 509.331,29 euros. Importe total: 601.010,92 euros.

Importe de adxudicación. Importe neto: 437.006,25 euros. Importe total: 515.667,38 euros.

Data de formalización do contrato: 10 de xuño de 2011.

g) Descrición: complementario do proxecto de actuacións de saneamento na comunidade autónoma. Colectores xerais e nova estación depuradora de augas residuais de Carral. Carral e Abegondo (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.726.C1.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232454-9.

Orzamento. Importe neto: 332.238,97 euros. Importe total: 385.397,20 euros.

Data de formalización do contrato: 2 de decembro de 2010.

h) Descrición: complementario do proxecto de mellora de saneamento na comunidade autónoma. Melloras na estación depuradora de augas residuais de Arcade. Soutomaior (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.785.C1.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232421-9.

Orzamento. Importe neto: 34.971,25 euros. Importe total: 41.266,08 euros.

Data de formalización do contrato: 3 de novembro de 2010.

i) Descrición: recuperación ambiental da marxe dereita do río Miño ao seu paso polos Peares. A Peroxa (Ourense).

Número de expediente: OH.432.759.

CPV (referencia de nomenclatura): 45246200-5.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 173, do 8 de setembro de 2010.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 418.092,59 euros. Importe total: 493.349,26 euros.

Importe de adxudicación. Importe neto: 366.249,11 euros. Importe total: 432.173,95 euros.

Data de formalización do contrato: 26 de novembro de 2010.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun setenta por cento (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Unha maneira de facer Europa.

En concreto, as obras indicadas coas letras a) e b) encádranse no tema prioritario 45: Xestión e distribución da auga (auga potable); as obras indicadas coas letras c), d), e), f), g) e h) no tema prioritario 46: Tratamento de auga (auga residual) e a indicada coa letra i) no tema prioritario 53: Prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos).

O cofinanciamento europeo, así mesmo, fíxose público no perfil de contratante e foi comunicado de xeito individual aos licitadores.

4) Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos con mención do seu cofinanciamento europeo, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil de contratante.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos