Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de decembro de 2011 polo que se que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de vertidos de augas residuais seguido contra Conservas Selectas Mar de Couso, S.A. (concello de Ribeira). (Clave DH.D15.29924).

Con data do 22 de novembro de 2011 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Conservas Selectas Mar de Couso, S.A. pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia