Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de recurso de alzada de expediente sancionador (PESAN1 2011/000162-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución de recurso de alzada do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado deseguido atópase á disposición do interesado na Xefatura Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000162-5.

Denunciado: José Luis Pérez Naveiro.

DNI: 35452843-E.

Enderezo: Campos n.º 24, O Grove (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.G.2.

Sanción: 2.418 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), o importe de devandita sanción deberá ser aboada nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller na antedita xefatura territorial o documento de ingreso correspondente.

Se cumpre os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderá solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, a fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 13 de xaneiro de 2012.

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo