Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4584

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para instalación de reforma en explotación gandeira.

María del Carmen Rodríguez Díaz, solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de reforma en explotación gandeira (construción de corte de vacún de leite para 14 cabezas, fosa de xurro e fosa séptica e legalización de ampliación de alpendre para almacén de forraxe), en Froián, San Sadurniño-Regueiro-polígono 50, parcela 1344, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este se poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 9 de xaneiro de 2012.

José Antonio García López
Alcalde